martes, 12 de mayo de 2009

CALAMARES FEITOS A MODA DA CASA

A receita que vou a contar leva moito tempo na miña cociña, tratase de comer da mellor maneira baratiño e rico, moi rico.


Ingredientes
  • Calamares
  • Cebolas
  • Pemento vermello
  • Aceite
  • 2 ou 3 dentes de allo
  • Sal
  • Pirexel
  • Colorante
ELABORACIÓN
Estonamos as ceboliñas con xeito mellor miudas de monda fina, cortamos un pimento vermello en anaquiños e xuntamolo todo na sartén con un aceititiño bó
cando teñamos a mistura feita imos botar os calamares enteiros e como xa picamos uns dentiños de allo que botamos tamén na sartén, deixamos ó lume lento que nuns minutiños teña unha cor amarela .
Non nos podemos esquencer da sal, pirexel e unha pizquiña de colorante.


Nunha tarteira teremos unhas pataquiñas cortadas con unhas areas de sal as que nos servirán pra que o prato sexa máis completo.

Penso que a miña receita non ten nada novo e nos tempos de crisis que pasamos atopase a mán de todos.
Sabela "A Pintora"

BO PROVEITO